Febreiro 2023

CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN PONTEVEDRA

PROPOSTA DE FORMACIÓN: “EL ACCESO A LA SIMBOLIZACIÓN EN LA INFANCIA. APORTACIONES DESDE LA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ AUCOUTURIER”.

Impartido por Silvia Giao Varela, Psicopedagoga e Terapeuta Psicomotriz. Profesora do CEFOPP (Madrid). Realizase en CEIP de Laredo: Rúa do Peirao, 3, 36320 Chapela. Pontevedra.

Dirixido a toda persoa interesada en coñecer a Práctica Psicomotriz
no ámbito educativo

O curso contará con 14 horas de formación, repartidas en 9 horas de Formación Persoal y 5 horas de Formación Teórica. Certificación de asistencia avalada polo CEFOPP (Centro De Formación de Practica Psicomotriz Aucoturier).

As persoas interesadas contactar con Raquel González: 637940558.

Seguir lendo
CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN LUGO

Proposta formativa dun curso de sensibilización á Práctica Psicomotriz Aucouturier.

Sin lugar a dúbidas é unha estupenda oportunidade para aproximarse a esta disciplina e a metodoloxía de formación que se emprega.

Seguir lendo
XORNADA DE FORMACIÓN REALIZADA POLO CENTRO MEDRANDO XUNTOS

Este sábado 4 de Febreiro en horario de 10h a 14h realizamos unha sesión formativa no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.

A proposta formativa foi “A psicomotricidade como referente de benestar nas etapas de infantil e primaria“.

Parciparon 17 mestres de Educación Física e Educación Infantil.

Xornada interesante na que afondamos nas necesidades dos neno/as así como as diversas vías que empregan para comunicarse e expresarse. Tamén reflexionamos sobre os múltiples retos que temos os adultos que apoiamos e acompañamos o seu avance madurativo.

A psicomotricidade, sin dúbidas, é unha disciplina que nos permite comprender e descifrar moitas das mensaxes que nos comunican pola via corporal. Tamén a través da psicomotricidade podemos xerar condicións para apoiar e apuntalar o seu avance.

Seguir lendo