Decembro 2022

REMATE DO 2022

A punto de rematar o ano 2022, botamos unha ollada atrás para lembrarnos e sentir as emocións de moitas vivencias compartidas con familias, nenos/as (os grandes protagonistas do centro) e profesionais. Atopamos momentos de xogo, de reflexións, de contrastes…., de risas ou tristezas, de vida.

Gracias a todos/as por estas vivencias, por confiar no noso proxecto: “Medrando Xuntos”. Sodes o motor do noso avance e crecemento profesional e persoal.

Abrimos a porta o 2023 con ilusións renovadas.

Seguir lendo
SEMINARIO: Entrevistas de seguimiento con familias

Na maduración dos nenos/as as familias desempeñan un papel clave, esencial e insustituible. Na sala de psicomotricidade son frecuentes os momentos nos que xogan a asumir roles familiares, así como facer representacións (dibuxos) nas que a familia ocupa un lugar importante (como aparece na imaxe desta noticia) .

A familia é:

UN PILAR sobre o que o neno se apoia.

UN CONTINENTE que o acolle.

UN ESPELLO no que se mira e que lle devolve unha mirada.

UNHA GUIA que lle marca uns valores a seguir….

A tarefa da familia non é sustituible pola de ningún profesional, por iso o seu acompañamento e axuda é esencial (maior canto máis cativo sexa o neno/a)

Axuntamos información sobre un curso no que se reflexiona sobre os contactos dos profesionais coas familias, a cargo de Begoña Ruiz, psicóloga e psicomotricista da escola internacional de psicomotricidade de Bilbao.

Para máis información consultar: https://escvpsicomotricidad.com/formacion/entrevistas-de-seguimiento-con-familias-claves/

Seguir lendo