Outubro 2022

25 ANIVERSARIO DA AGAT

O día 26 de Novembro é unha data sinalada no calendario para moitos nenos/as e familias de Galicia, así como para os profesionais que traballamos no ámbito da Atención Temperá. Fai vinte e cinco anos que se colocaron os cimentos da AGAT (Asoción Galega de Atención Temperá).

É motivo de orgullo contar cunha Asociación con esta traxectoria, co desexo vivo de seguir loitando pola mellora e avance da Atención Temperá en Galicia, na que se da visibilidade ás necesidades da Atención Temperá, e da que xurden ricas propostas formativas. Estas son algunhas das razóns polas que a Asociación Galega de Atención Temperá foi e sigue sendo un apoio esencial.

Dende Medrando Xuntos agradecemos o tempo invertido a tódolos profesionais que ó longo deste anos foron ou son as cabezas visibles da Asociación. Valoramos a súa adicación e xenerosidade.

Compartimos a proposta para este día de festa:

Seguir lendo
ASOCIACIÓN MUNDIAL DE PSICOMOTRICIDADE

Está en vías de construcción unha nova Asociación de Psicomotricidade.

Adxuntamos o enlace no que se comentan as bases deste ambicioso proxecto no que participan representantes de diferentes nacionalidades e países: https://m.facebook.com/100083181318402/videos/1108384273379708/?extid=CL-UNK-UNK-UNK-AN_GK0T-GK1C&refsrc=deprecated&ref=sharing&_rdr

Dende o centro Medrando Xuntos recibimos esta nova con ilusión e alegría, poder compartir e enriquecernos da práctica profesional de outros psicomotricistas sempre é un pracer.

Seguir lendo
VIII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EN MADRID

Compartimos o programa destas xornadas. Baixo o título “De lo real a lo simbólico” e con ponencias de profesionais coñecidos no ámbito da psicomotricidade, profundizarase no desenrolo da capacidade de simbolización. Tema cun especial protagonismo na actualidade, complexo e determinante no avance madurativo dos nenos/as. Ademáis a sala de psicomotricidade é un espazo no que o tránsito da realidade ó simbólico se potencia, favorece e fortalece.

Para máis información sobre a matrícula, ponentes e temas a abordar picar no enlace: https://www.jornadascefopp.com/

Seguir lendo
NOVA PUBLICACIÓN DE BERNARD AUCOUTURIER

“El juego espontáneo en la escuela maternal” editado en Xullo do 2022

Neste libro Bernard Aucouturier fai un percorrido por temas relacionados coa construcción do neno/a, o valor dos primeiros coidados e a importancia do ambiente e das rutinas.

Resalta o valor do xogo como medio único que permite ò neno/a representarse, asegurarse e así afirmar a súa existencia no mundo.

Toca temas esenciais na primeira infancia como son os medos, o significado dos obxectos (en especial o obxecto transacional), e a imaxe especular.

Tamén se describe como é a organización material e temporal dunha sesión de psicomotricidade. E dun xeito moi peculiar, escointando os relatos das vivencias dos nenos/as, incide na función aseguradora de certos xogos: encher/valeirar, envolturas, esconderse, equilibrarse, saltar, perseguirse, coidados/hospitais, os agresosores (pantasmas, mounstruos, devoradores),…. .

Un libro interesante para tódolos que desexen afondar no desenrolo global dos nenos/as na primeira infancia.

Seguir lendo