Maio 2022

SESIÓNS DE FORMACIÓN REALIZADAS POLO CENTRO MEDRANDO XUNTOS

Este ano, coa entrada do 2022, o centro reanudou a participación na realización de diferentes XORNADAS FORMATIVAS:

En Xaneiro e Febreiro, a través da AGAT, impartiu dúas xornadas de formación de 20h de duración cada unha, dirixidas a profesionais da Rede de Unidades de Atención Temperá de Galicia (formación financiada pola Xunta de Galicia)

En Febreiro realizamos no Colexio Público de Pedrouzos – Brión unha xornada de formación de 2h dirixida a profesionais do centro. Baixo o título “O neno/a: corpo, emoción e pensamento” profundizamos nas vías de comunicación e expresión na infancia.

Proximamente en Maio está prevista a participación dunha xornada formativa co profesorado do CRA de Meis (3h de duración).

En Marzo iniciou as prácticas, despois de dous anos sen recibir alumnado en formación, unha estudiante de Psicoloxía. Serán máis de 200 horas de formación presencial no centro que rematarán a finais de Maio (convenio de colaboración do Centro Medrando Xuntos coa Facultade de Psicoloxía).

Consideramos que toda tarefa formativa implica unha responsabilidade e esforzo importante, por ambas partes, o que imparte ou tansmite a formación e o que a recibe. Á vez consideramos que é un espazo moi rico, pois axuda a establecer fÍos conductores entre a teoría e a práctica, básicos no avance profesional.

Seguir lendo