Abril 2022

CURSOS DE SENSIBILIZACIÓN EN “PRÁCTICA PSICOMOTRIZ”

Compartimos información coas datas ofertadas pola Escola de Psicomotricidade Luzaro (País Vasco) . Este curso é o primeiro paso para iniciar a formación de Psicomotricista.

Nestas imaxes aparecen nenos/as xogando en sesións de psicomotricidade: a do cartel informativo no País Vasco, e a outra na nosa terra (sesión realizada polo centro Medrando Xuntos). Podemos apreciar / intuir similitudes: o espazo, os materiais, a atención que os nenos/as prestan a súas accións, os acordos que permiten xerar esas construccións ….

O xogo é unha ferramenta Universal ó servizo dos nenos/as, e as salas de psicomotricidade son espazos privilixiados para favorecer que se xogue, medre, disfrute,… “para que o neno/a se constrúa“. E a labor do/a psicomotricista tamén é clave, pois o neno/a constrúese en relación, polo que a interacción corporal e verbal son recursos valiosos para axudar ós nenos/as no seu avance madurativo.

Seguir lendo