1 Marzo, 2022

CURSOS DE SENSIBILIZACIÓN EN PSICOMOTRICIDADE

A PPA, Práctica Psicomotriz Aucouturier, é un recurso metodolóxico que nos permite acercarnos ós demais dende a vía corporal. Para afondar nela é preciso adentrarse na “aventura” de coñecernos, de reflexionar sobre as nosas expresións e vivencias na interacción cos demais, nas resistencias e mecanismos cos que nos imos “armando” na traxectoria vital…, gañando así obxectividade. Un obxectivo clave para a/o psicomotricista será chegar a observar e interpretar as manifestacións dos demais sin contaminación das nosas vivencias. Os cursos de sensibilización son o primeiro paso no camiño. Logo pódese seguir afondando coa formación en Psicomotricidade Educativa Preventiva e posteriormente a de Terapia Psicomotriz.

Compartimos os novos cursos de sensibilización organizados pola Centro Asociado UNED Bergara e a Escola de Psicomotriciade Luzaro para este ano 2022.

Para recabar máis infomación: https://luzaro.net/es/cursos-de-sensibilizacion/

Seguir lendo