Novembro 2021

FORMACIÓN EN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ REEDUCATIVA E TERAPÉUTICA

Dende o Cefopp lanzan a convocatoria para o máster de formación en Terapia psicomotriz para o vindeiro curso, dando comezo en Xaneiro do 2022.

Profundizar na comprensión do neno/a, nas vías de exprexión e canalización de que dispón, nos mecanismos de defensa que emprega, nas habilidades relacionais e corporais do/a psicomotricista…. son parte da apaixoante tarefa de formarse con este máster. Nel a formación práctica e persoal teñen protagonismo.

Para máis información acceder a páxina do cefopp: https://cefopp.com/curso/?id=6

Seguir lendo
II JORNADAS DE ATENCIÓN TEMPRANA: PREMATURIDAD

Próximamente, os vindeiros 26 e 27 de Novembro, en Cádiz celebraranse as segundas Xornadas de Atención Temperá, organizadas polo Colexio Oficial de Psicólogos de Andalucía e dirixidas a psicólogos, estudiantes e profesionais afíns á Atención Temperá.

As xornadas serán impartidas en dúas modalidades:

Modalidad presencial: Aula Magna de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Cádiz. Avda. Doctor Gómez Ulla, 1. 11003 Cádiz

Modalidad online: streaming – videoconferencia en directo

Para máis información: http://l.copao.es/iijornadasatenciontemprana

Un bebé prematuro debe pasar na incubadora un tempo para poder salvar a súa vida, pero a vez exponse a estímulos para os que non está preparado, podendo xerarse futuras secuelas tanto a nivel emocional como corporal. A psicomotricidade, disciplina que traballa dende a vía corporal e emocional , é unha ferramenta idónea para previr ou minimizar posibles alteracións. A intervención psicomotriz incide especialmente nas vivencias corporais, algunhas delas xestadas nas primeiras etapas do neno/a, nas que o corpo é o único medio dispoñible para comunicar e recibir.

Seguir lendo