12 Outubro, 2021

O MEDO: COMPAÑEIRO DE VIAXE

O medo é un sentimento que nos acompañará ó longo de toda a vida, que todos coñecemos e vivimos. Ten unha función no desenrolo do ser humano: protexelo, informalo, axudalo. Si se contempla dende esta óptica podemos asumilo como unha ferramenta máis coa que nacemos e que está á nosa disposición para usala. Como calquer ferramenta coa que contamos é preciso traballar con ela para chegar ó bo manexo da mesma.

Cando somos nenos é preciso xogalos, vencelos, contelos…. e só así nos permitirán seguir avanzando, con paso máis firme, pois só o MEDO nos fai VALENTES. O medo cando somos adultos temos que recoñecelo, escoitalo, compartilo, valoralo… para así podelo xestionar . Si pola contra o rexeitamos, apartamos, negamos ou ignoramos, facilitamos que se instaure e invada á persoa, provocando danos que poden manifestarse de moitos xeitos (fobias, enfermidades psicosomáticas, alteracións de ánimo…).

O medo infórmanos do que está acontecendo fora, á vez de cómo estamos por dentro. Contemplando ambos datos fora/dentro poderase tomar unha resposta axustada. Se non se consideran as causas externas que espertan o medo poderiamos poñernos en risco, e si non escoitamos a intensidade do que sentimos dentro non poderiamos atopar a resposta precisa.

O medo está moi presente ó longo da infancia, especialmente porque é unha etapa na que se producen grandes cambios no ser humano. Cando os nenos/as comparten e expresan os seus medos, dannos pistas como avanza este proceso, informándonos do avance que o neno vai adquirindo na súa capacidade de pensar e valorar as circunstancias que lle rodean, tamén da forzataleza do neno/a a nivel emocional “plantarlle cara”. Como adultos, para acompañar os nosos nenos/as no medo é preciso facer unha boa lectura do que nos quere dicir, e quizais o máis significativo, entender o medo do neno no neno (que é moi diferente que no adulto).

Todos temos que atravesar ou transitar por medos para avanzar, como se faga determirá en gran parte a futura fortaleza emocional, e será decisivo para a calidade das relacións que estableceremos cos demais. Medo á pérdida,  medo á separación (alonxarnos demasiado, que nos olviden, que non sexamos queridos), medo á morte (perder para sempre a quen queremos ou precisamos)… seguro que nos soan a todos, e que os nenos/as tamén viven ó longo da infancia con elevada intensidade, pois os recursos mentais que teñen á disposición son escasos. Polo tanto o neno precisa dun adulto que o acompañe, que o sosteña e axude neste  proceso de entender que o medo está aí, seguirá aí… pero que é vencible, que se pode facer pequeno, que xuntos o espantaremos,….

O medo, como todos os sentimentos están conectados ó corpo, exprésanse e maniféstanse a través del, tanto pola vía cognitiva como física. Cando o medo é intenso soen aparecer respostas somáticas: angustia, ansiedade, sudoración, taquicardia, paralización, apatía, illamento….É importante recoñecer estos estados, son o primeiro paso para poder buscar unha saída, unha alternativa que non dane. É esencial que os adultos recoñezamos os nosos medos e nomealos, compartilos, permitindo así ós nenos/as entender que todos temos medos. Mensaxes como “non pasa nada” – cando sí está pasando, bloquean.

Os nenos/as contan coa mellor ferramenta para vencer os seus medos: o xogo libre. Neles prepáranse para facerlle fronte, loitan e ensaian diferentes alternativas: vencer ou ser vencidos…, sempre con pracer e benestar, fortalecendo así a súa identidade e autoestima, véndose capaces de todo, incluso de aceptar a derrota (cando un neno/a acepta a derrota no xogo é indicador dunha identidade positiva de que a súa persona, vai máis alá dunha acción, o seu valor non se tambalea polo que fai puntualmente…).

A través do xogo os nenos poñen en marcha os recursos cos que contan tanto físicos como mentais, modificando o entorno cando se fai preciso: construíndo espazos nos que sentirse seguros en caso de que “a cousa se poña fea”. No xogo libre o neno convírterse en escritor do relato que conta, en arquitecto dos seus espazos, en diseñador de armas, en xuiz co poder de cambiar as normas…. O corpo – pensamento e sentimentos traballan á par para “saír airoso de calquer batalla”. E así o medo achícase, contrólase, dómase….

A través do xogo libre o neno organízase e ordena vivencias. Unha vez postas fora, en acción -xogándoas de xeito repetido, os medos e angustias contrólanse. Podemos ensaiar, moldear, probar diferentes alternativas durante o proceso de xogo e decidir como remata . O neno ten o poder do que acontece.

O medo sempre está aí, pero esta época que estamos a vivir, na que tivemos que protexernos de maneira moi evidente de ameazas externas: con illamento, distancias, máscaras, hidroxeles, desinfeccións, cambio de rutinas, renuncias no ocio, …., neste tempo, o medo estivo e aínda está moi presente. É importante plantarlle cara, non negalo, traballalo e transformalo para que non nos dane. As salas de psicomotricidade son un espazos privilexiados para facelo: sostendo, acompañando e axudando ós nenos/as que están angustiados con malestar e medo.

Seguir lendo